Lenovo vén de anunciar o lanzamento do IdeaPad Tablet K1, a súa aposta polas tablets con Honeycomb (3.1), que estará dispoñíbel en catro cores: vermello, branco, prata e negro.
As súas características non difiren moito das que podemos atopar noutras tablets semellantes, a saber:
- Procesador nVIDIA Tegra T20 a 1 GHz
- Pantalla de 10.1 polgadas
- Sistema operativo: Android Honeycomb 3.1
- Memoria: 1 GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento, ampliábeis con tarxetas microSD (outros 32 GB)
- Cámaras: traseira de 5 MP, dianteira de 2 MP.
En canto a prezos e dispoñibilidade, aparecerá en Estados Unidos a finais de agosto e no resto do mundo ao longo de setembro, cun prezo que rondará os 400 € na versión de 16 GB e 32 GB por uns 420 €, o cal fan que sexa un trebello bastante accesíbel.
Ademais, tamén haberá a posibilidade de mercarlle accesorios como unha funda por 99 $ ou un teclado
Máis info