Comparte a túa música co entorno e contrólaa co teu Android

Gústache escoitar a túa música en voz alta? Odias os cables? Pois quizais unha boa idea é que penses nuns altofalantes coma os Sonos.
Trátase dun fabricante de sistemas HiFi sen fíos que ten tres modelos que son controlábeis dende o noso Android (smartphone ou tablet), concretamente os Play:3, Play:5 e Sonos Zone Player.
Dende a aplicación de control, que funciona tendo o terminal ligado ao altofalante a través da mesma WiFi, poderemos escoller que radios ou cancións escoitar (na nube ou en local) e mesmo tamén se queremos que cada altofalante Sonos (caso de ter varios) reproduza unha canción diferente ou todos o mesmo.
A aplicación é gratuíta e atopámola no Android Market para todos os androides con versións superiores á 2.1. En canto aos altofalantes, os prezos dependen dos modelos:
Non sei a vós, pero a min danme ganas de poñerme a aforrar!

Sobre o autor

Reply