Xa hai aplicación oficial de FonYou para Android

Hai xa bastante tempo publicamos en Mallando no Android como empregar unha aplicación alternativa, PhoneCard Express, para utilizar o noso número de FonYou sen moitas complicacións.
Para que non saiba que é FonYou comentar que é unha empresa que nos ofrece unha liña de móbil virtual, é dicir, sen tarxeta SIM asociada. Ese número funciona como un redireccionador, o que implica que podemos dalo aos nosos contactos (por exemplo aos menos coñecidos) e recibir as chamadas na nosa liña real pero sen ter dado o número.
Ademais, inclúe outras funcionalidades extra, como control do spam (por exemplo, bloquear as chamadas de certos números), sincronización de axenda, mensaxes de buzón de voz personalizado… o servizo é totalmente gratuíto, así como tamén solicitar o número, que podedes facer na súa web.
A aplicación Android, que xa levaba algún tempo en beta e agora foi publicada no Market, permítenos xestionar de xeito sinxelo o noso número FonYou, contralando os sms e chamadas, así como tamén as mensaxes no buzón de voz e os contactos. E todo ilo evitando o proceso “sen aplicación”, que implicaba dobres chamadas.
Podedes descargar a aplicación dende o Market todos os androides con Froyo e superiores.

Sobre o autor

Reply