A semana que vén actualízanse os Asus Transformer

Asus vén de informar no seu Twitter que actualizará a súa tablet Eee Pad Transformer á versión 3.2 de Honeycomb a partires da semana que vén.
Xa temos falado varias veces no noso blogue desta tablet, un gadget que nos ofrece grandes posibilidades grazas a ao teclado que ten como principal accesorio, que fai dela un minicomputador androidizado. Así mesmo, non hai moito que publicamos un manual de como rootear o dispositivo.
A actualización farase a través de OTA.

Sobre o autor

Reply