Aparece un vídeo do Galaxy R (antigo Galaxy Z)

A comezos de mes falámosvos dun terminal irmán pequeno do Samsung Galaxy S II, que levaba por nome Galaxy Z. Sen embargo o fabricante coreano decidiu mudar o nome a Galaxy R antes de lanzalo ao mercado do Reino Unido. Non sabemos datas de chegada a España, só que despois do lanzamento británico está previsto o salto ao mercado asiático.
Pois ben, xa podemos ver un vídeo no que aparece unha demostración de uso, que queremos compartir convosco. Non pinta nada mal, verdade?

Sobre o autor

Reply