SamsungDive axúdate a atopar o teu dispositivo Samsung extraviado/roubado

Imaxinade que frustración perder ou que nos rouben o noso smartphone ou tablet. Pois precisamente pensando niso, dende Samsung desarrollaron SamsungDive, unha ferramenta que nos achega varias solucións para eses momentos de desesperación.
Grazas a este servizo poderemos mudar o esquema de son para activalo (imaxinade que tedes o voso smartphone tirado pola casa e en silencio…) e facelo soar en remoto ou facer un completo seguimento do noso terminal a través do GPS en intervalos de 15 minutos.
Outras opcións que podemos atopar en SamsungDive son o bloqueo do terminal, a restricción de chamadas, o envío dun aviso á pantalla ou o borrado dos datos en remoto.
Trátase dun servizo gratuíto de Samsung, que podedes (e debedes se tedes un terminal Samsung) activar nesta ligazón.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Xan Guindán 1 Agosto, 2011 Responder
  2. Vitor Vázquez² 1 Agosto, 2011 Responder

Reply