Orange lanza tenda de aplicacións para Android

Se hai uns días era Vodafone o que presentaba o seu propio espazo no Market cunha selección de aplicacións para que os seus clientes sacasen o máximo partido aos seus smartphones e tablets, agora é Orange quen lanza unha tenda de xogos.
Sen embargo non se trata dunha aplicación ou similar, senón dun espazo web accesíbel dende o navegador do noso terminal (http://m.orange.es/), no cal atoparanse xogos pensados para o sistema operativo de Google.
Entre a oferta que se pode atopar aló figuran títulos como Los Sims 3, o sempre actual Tetris ou o Pro Evolution Soccer 2011. Ademais, durante todo o verán os xogos terán un 50% de desconto pola “Happy Hour” que establece a operadora laranxa.
Vía

Sobre o autor

Reply