A revolución tablet Android xa está aquí. Tembla, iPad

Falar de tablets, por moi potente e variopinto que sexa o panorama Android, exixe falar do iPad. Malia que moita xente di que os tablets chegaron con Apple e o seu dispositivo, o certo é que xa viñan de antes e non foi até a chegada do iPad cando triunfaron (haille que recoñecer a Apple ese don de crear necesidades de produtos).
As tablets Android de calidade (referímonos a tablets Honeycomb), auténticos e potentes bicharracos, soubéronse facer un oco que día a día vai sendo máis grande. Tales son as cifras que durante o segundo trimestre do 2010 a cota do iPad no mercado das tablets era do 94,3% fronte ao 2,9% de Android. 
Sen embargo, no mesmo período deste ano as tablets Android xa copan o 30,1% do mercado das tablets fronte ao 61,3% do iPad, o que amosa unha tendencia á alza dos dispositivos Android que, se todo vai como está previsto, podería superarse no vindeiro ano, como xa pasou no mercado dos smartphones.

Sobre o autor

Reply