Vtok, videochamada por Gtalk para todos os 2.1 e superiores

As últimas revisións de Gingerbred xa incorporan o Gtalk con vídeochamada, pero aínda quedan terminais que non recibiron a ansiada actualización que lle outorga esta características. Sumado a isto, hai terminais que teñen cámara traseira e non dianteira (a que usamos tradicionalmente para as videochamadas).
Pois ben, todos aqueles que estén nesta situación e conten cunha versión de Android superior á 2.1 poderán gozar da videochamada igualmente grazas a Vtok, unha pequena aplicación que tras rexistrarnos coa nosa conta de Google nos permite disfrutar deste servizo (incluso se só temos cámara traseira, que aínda que as cousas son máis complicadas non imposíbeis).
Podemos descargar a aplicación gratuitamente dende o Market

Sobre o autor

Reply