Facebook lanza a súa propia aplicación de mensaxería instantánea

Parece que Facebook viulle as orellas ao lobo coa chegada de Google+ e a súa aplicación de mensaxería instantánea Huddle. Así que dende a rede social azul decidiron lanzar a súa propia aplicación de mensaxería, que inclúe como principias características a posibilidade de escribinos con amigos en concreto ou por grupos, compartir a ubicación para saber se hai alguén preto da nosa rede para quedar e mesmo incluír fotos nas mensaxes.
A aplicación é independente da de Facebook e como era de agardar pódese descargar de balde dende o Android Market para todos os terminais con versións 2.2 e superior.

Editado: Como parece que non está activo no Market, podedes descargar a aplicación desde esta ligazón (.apk)

Parece que a guerra de redes sociais está servida. E vós, con cal vos quedades?

Sobre o autor

4 Comments

  1. javiero 9 Agosto, 2011 Responder
  2. ben gómez 10 Agosto, 2011 Responder
  3. iago varela 10 Agosto, 2011 Responder
  4. Álex Alfaya 10 Agosto, 2011 Responder

Reply