Parece que Facebook viulle as orellas ao lobo coa chegada de Google+ e a súa aplicación de mensaxería instantánea Huddle. Así que dende a rede social azul decidiron lanzar a súa propia aplicación de mensaxería, que inclúe como principias características a posibilidade de escribinos con amigos en concreto ou por grupos, compartir a ubicación para saber se hai alguén preto da nosa rede para quedar e mesmo incluír fotos nas mensaxes.
A aplicación é independente da de Facebook e como era de agardar pódese descargar de balde dende o Android Market para todos os terminais con versións 2.2 e superior.
Editado: Como parece que non está activo no Market, podedes descargar a aplicación desde esta ligazón (.apk)
Parece que a guerra de redes sociais está servida. E vós, con cal vos quedades?
eu xa o teño! no ten nada novo pero “eleva” as cutre-mensaxes actuais (totalmente agochadas e secundarias) do facebook a algo mais tipo whatsapp 🙂
eu o que non entendo é por qué a xente anda a buscar programas de mensaxería cando está dispoñible o gtalk, xa incluído no androide e que funciona ben, alomenos na miña experiencia.
é algo que me choca bastante.
Tes razón, pero nestas cousas gana quen máis publi fai…
Pola miña parte creo que a vantaxe de whatsapp é que, aínda que non ten cliente de escritorio, está en distintas plataformas e non só Android (BB, iPhone, Android, Nokia). Por outra banda hai que recordar que Facebook é a rede social máis grande e polo tanto é onde pode que teñamos máis contactos. En resumen, se non hai contactos, non hai mensaxe, da igual o boa que sexa a aplicación e varias plataformas implica máis contactos. Ter un Android case implica ter unha conta de Google, pero non usar tódolos servizos (coma Gtalk).