xWeather, unha completa aplicación do tempo para tablets Honeycomb

Cada vez temos máis aplicacións específicas para Honeycomb, o cal é de agradecer xa que ao contar cun deseño orientado a tablets os espazos están moito mellor optimizados para pantalla grande.
Para saber do tempo existe unha aplicación moi completa, xWeather, que nos ofrece gran cantidade de información meteorolóxica nunha mesma pantalla, coidando ademais o deseño.
Alén de ofrecernos a predición para 5 días, con datos de temperatura, humidade ou vento, tamén achega información sobre as fases lunares, o cal resulta interesante e cómodo. Permite alternar entre o tipo de graos que queremos empregar, Celsius ou Fahrenheit, así como tamén escoller se queremos que nos amose o tempo na nosa ubicación ou noutro lugar que busquemos.
Os datos que emprega a aplicación estan extraídos de Weather Underground, un portal meteorolóxico. A aplicación é gratuíta e para poder instalala precisamos ter Android 3.0 ou superiores.

Sobre o autor

Reply