Pementos Analyzer, a aplicación definitiva para analizar os pementos de Padrón

Se vos gustan os pementos e tedes un Android… estades tardando en instalar esta aplicación: Pementos Analyzer.
Grazas a ela, enfocando a cámara do noso terminal cara un pemento saberemos instantaneamente se o susodito será dos que pican ou non, vamos, unha aplicación básica que non debera faltar en ningunha cociña galega.
A aplicación funciona en todos os androides con versións 2.2 e superior. Iso si, como ben din na descrición da aplicación no Market, é infalíbel. Así que se che di que un pemento non pica e a ti si… faite mirar o padal.
Graciñas a R por informarnos desta aplicación. Ti tamén podes facelo enviándonos un correo a android@mallando.com ou a través do Twitter @mallandroid

Sobre o autor

3 Comments

  1. Kubyt 10 Agosto, 2011 Responder
  2. iago varela 10 Agosto, 2011 Responder
  3. flx 12 Agosto, 2011 Responder

Reply

Deixa una resposta a Kubyt Cancelar a resposta