TweetTopics, algo máis que outro cliente de Twitter

Cada quen ten o seu cliente de Twitter preferido, que varía dependendo das necesidades que se teñan coa rede de microblogging, xa que non é o mesmo que nos adiquemos a xestioanr o noso Twitter persoal ou teñamos configuradas varias contas.
Hoxe queremos falarvos dun moi especial, TweetTopics, que está enfocado dende un punto de vista diferente, xa que permite facer buscas avanzadas, nas que ter en conta aspectos como:
  • O idioma dos tweets.
  • As mensaxes que conteñen ou non fotos/vídeos.
  • Filtrar localización
  • Crear notificacións de buscas ou compartilas.
Polo resto de funcionalidades, atopámonos cunha aplicación moi completa que ofrece multiconta, avisos de mencións e mensaxes directos, widget de escritorio, autocompletado de nomes de usuarios… e ademais unha funcionalidade que a min me gusta moito: poder ver as fotos e vídeos sen saír da aplicación.
Todo isto na versión Lite, que é gratuíta. Se nos imos á Pro, que custa 0,90 €, esquecerémonos na publicidade e tamén se completará coa posibilidade de ter notificacións de varias buscas, posto que na versión Lite só permite unha.
Ambas versións, están no Market e dispoñíbeis para Android 1.6 ou superior. Se queredes probalas, ide aquí para a Lite ou aquí para a Pro

Sobre o autor

Reply