Foursquare recibe unha nova actualización que facilita os check-in

Onte fixemos unha minienquisa a través de Twitter, na que vos preguntabamos se levábades ou non o voso smartphone á praia e moitas e moitos de vós nos comentabades que unha vantaxe de levalo era a posibilidade de facer check in.
Pois dende Foursquare deberon escoitarnos, porque veñen de lanzar unha nova actualización que facilita o xeito de facer check in cun novo botón na parte superior que está sempre presente. Ademais, este cambio de “look” elimina a pestana de lugares, que perde o seu sentido coa aparición do citado botón.
Á parte deste cambio, na pestana de Exploración tamén estarán os “especiais”, esas ofertas que se nos amosan próximas e que cada vez vai habendo máis.
Se non vos apareceu a actualización, entrade no Market para forzala. E se aínda non a tedes instalada, pode que sexa un bo momento para comezar a usala.
Vía

Sobre o autor

Reply