Protexe as túas aplicacións máis delicadas con recoñecemento facial

Soa a ciencia ficción, pero non o é: Visidon AppLock permítenos protexer as aplicacións que queiramos das que temos instaladas no noso Android de miradas indiscretas mediante recoñecemento facial. Así, se por exemplo non queremos que ninguén máis ca nós mire o correo electrónico, ao ter configurada esta aplicación non poderá acceder.
O funcionamento da aplicación é moi sinxelo: á hora de configurar que aplicacións protexer, analizará a nosa cara e gardará determinados patróns que comprobará cando intentemos acceder. Se non somos nós, non nos deixará entrar.
Seguro que estaredes pensando… e que pasa se nun determinado momento non me recoñece? Nada, porque poderás usar o método “b”, consistente en ingresar as claves que configuremos manualmente. 
Como podedes imaxinar, o único xeito de empregar esta aplicación é contando cunha cámara frontal no nos terminal 
A aplicación atópase no Market de xeito gratuíto para todos os androides con versións superiores á 2.3

About The Author

Reply