Fíltranse 4 imaxes de Ice Cream Sandwich, a próxima versión de Android

Con nocturnidade e alevosía. Así chegan as primeiras imaxes nas que podemos ver o aspecto que terá Ice Cream Sandwich, a próxima versión de Android que suporá un antes e un despois, xa que converxerá o sistema operativo de smartphones e tablets nun único adaptábel.
As imaxes filtradas amosan esta nova versión nun Nexus S (xa de filtrar, poderíase filtrar nun novo terminal, un novo Nexus quizais?) e aínda que tampouco é que amosen moito, o certo é que serven para ir abrindo apetito.

Para comezar vemos que se empregarán tons azuis combinados co negro e que contará de serie co servizo de compras Google Shopper. Sábese ademais que a cámara contará coa funcionalidade de creación de panorámicas, que haberá un redeseño da interface de Gmail e certo parecido no launcher de widgets e aplicacións con Honeycomb.

É de agardar que o primeiro terminal en saír á venda coa nova versión de Android sexa o próximo Nexus (Prime?). Moitos outros recibirán a actualización (dende logo é seguro que o Nexus S estará nesa listaxe de actualizados).

Vía

Sobre o autor

Reply