SlideMe, outro Market alternativo

Hai xa algún tempo falamos de Appoke, un mercado de aplicacións alternativo (ou máis ben complementario) ao Android Market. Hoxe, seguindo esa liña, queremos falarvos de SlideMe, que vén a ser outro mercado de aplicacións Android.
Entre as vantaxes sobre o Android Market oficial destaca a posibilidade de descargar aplicacións sen verse limitados polas limitacións xeográficas (isto é o que aconteceu por exemplo con Google Music, que dende o Market só se podía descargar en USA) e, non menos importante, que nos dá a posibilidade de pagar de moitos métodos diferentes, dende Paypal a tarxetas de débito/crédito de diferentes tipos, incluíndo as máis habituais Visa/Visa Electrón e Mastercard.
SlideMe resulta tamén interesante para os desarrolladores que teñen aplicacións de pago, xa que recibirán integramente o que pidan pola aplicación (no Android Market Google quédase cunha parte).
Podemos facer buscas de aplicación e ver a súa descrición, fotos e mesmo vídeos dende a páxina web. Para instalar as aplicacións daranos unha ligazón ao ficheiro *.apk  executábel e un código QR, para que escollamos a opción que máis nos conveña.
Podedes botarlle un ollo en slideme.org

Sobre o autor

Reply