Samsung, LG, HTC e Sony Ericsson amósanse moi satisfeitos coa compra de Motorola por parte de Google

A compra de Motorola Mobility por parte de Google que anunciamos antes xa ten respostas por parte de Samsung, LG, HTC e Sony Ericsson.
Estas foron as súas palabras:
  • J. K. Shin, Presidente de Samsung: Aledámonos das novas de hoxe, que amosan o compromiso profundo de Google coa defensa de Android, os seus partners e o ecosistema (Android).
  • Jong-Seok Park, Presidente e CEO de LG: Aledámonos do compromiso de Google de defender Android e os seus partners.
  • Peter Chou, CEO de HTC: Alédome das novas da adquisición de hoxe, que amosan que Google está profundamente comprometido en defender Android, os seus partners e o ecosistema enteiro.
  • Bert Nordberg, Presidente e CEO de Sony Ericsson: Alédome do compromiso de Google de defender Android e os seus partners.
Como vedes, todas as reaccións son case que calcadas e amosan a satisfacción destes catro partners preferentes de Google pola adquisición de Motorola. E é que todos son conscientes da gran importancia desta operación, que paliará en gran parte o tema das patentes.

Sobre o autor

Reply