Google faise co dominio Android.me. Que fará con el?

Xa non é algo novidoso que se xogue co nome de dominios, que poden ir no camiño de xerar acurtadores (e se non que no lo digan a nós, que temos o noso malla.me) ou ben crear palabras completas ou con certo vencello coa xente. A saber, xa existían fb.me (de Facebook) así como tamén exemplos de empresas que empregan ese “me” como “min”, como é o caso de about.me.
Sexa como fór, Google vén de facer un movemento neste sentido facéndose co dominio Android.me, que suma ao que xa ten (e usa) Android.com. Polo de agora non liga a nada nin se sabe que uso teñen pensado darlle os de Mountain View. Pero por se acaso, eles mercarónno.

Sobre o autor

Reply