Motorola Defy+, outro smartphone a proba de auga

De vez en cando os fabricantes sorpréndennos con terminais que, alén de cumplir todo o que se agarda dun smartphone, teñen algunha que outra característica “extra”, como pode ser a resistencia a condicións extremas.
Neste caso non estamos a falar de condicións extermas como tal, pero si da auga, pequenos golpes e pó, que quizais sexan os factores potencionalmente máis perigosos e frecuentes para un smartphone. O protagonista, o Motorola Defy+, unha revisión do Motorola Defy.
Trátase dun terminal que conta cun procesador TI OMAP 2620 a 1 GHz e unha batería de 1700 mAh, 200 mAh máis que o seu predecesor. Do resto das súas caraceterísticas destacamos:
  • Pantalla de 3,7 polgadas
  • Android Gingerbread (2.3.4)
  • Memoria interna de 2 GB + 2 GB extra en microSD incluída, ampliábel.
  • Cámara de 5 MP

Pero se cadra, o mellor dese anuncio é que non teremos que agardar unha barbaridade, porque estará no mercado europeo a comezos do outono.

Sobre o autor

3 Comments

  1. canselleiro 16 Agosto, 2011 Responder
  2. iago varela 16 Agosto, 2011 Responder
  3. canselleiro 16 Agosto, 2011 Responder

Reply