APN on-off widget, outra alternativa para activar/desactivar os datos rapidamente

Hai moito tempo falámosvos de APNdroid, un sinxelo widget que nos permite activar/desactivar os datos móbiles rapidamente. Se ben non temos motivos para non seguir empregando APNDroid, queremos proprovos unha alternativa que fai exactamente o mesmo, pero que pesa menos, tan só 23 KB.
Resulta moi cómodo ter instalada unha destas aplicacións (ou outras que teñan ese acceso directo), xa que se non podemos levarnos sorpresas desagradábeis cando viaxemos ao extranxeiro e nos tarifiquen esaxeradamente.
APN on-off widget está dispoñíbel no Market de xeito gratuíto e para todos os androides.

Sobre o autor

Reply