Xa se pode mercar o HTC Evo 3D con Vodafone

A finais de xuño fixémonos eco do anuncio feito por HTC de que o seu terminal Evo 3D, competidor do Optimus 3D de LG, chegaría ao mercado español en xullo. Malia que ao final sufriu un pequeno retraso, xa o temos entre nós e vén acompañado de Vodafone, que xa o ten no seu catálogo de terminais Android, polo de agora só dispoñíbel na súa tenda en liña.
Como xa vos temos comentado, vén cun procesador de 1,2 GHz e cunha pantalla de 4,3 polgadas. A súa dobre cámara é de 5 MP e a súa batería de 1730 mAh, necesaria para dar vida a semellante bicho.
En canto a prezos temos a seguinte correspondencia, todos con 24 meses de permanencia:
  • 369 € coa tarifa @XS (20 €/mes)
  • 229 € coa tarifa @S (29,9 €/mes)
  • 149 € coa tarifa @M (40 €/mes) ou coa @M+ (49,9 €/mes)
  • 59 € coa tarifa @L (59,9 €/mes)
  • 0 € coa tarifa @XL (99,9 €/mes).
Tamén existe a posibilidade de collelo a través da tenda de puntos. Para máis información, podedes visitar a tenda en liña de Vodafone.

Sobre o autor

Reply