Mantente informado coa CNN

O mundo móvese, en ocasións, demasiado rápido e as noticias non sempre nos chegan ao momento. Cabe dicir que as redes sociais están a desempeñar un excelente traballo na difusión da información pero tampouco está nada mal tirar dos noticieiros tradicionais.
Con CNN estaremos ao tanto das noticias que publica esta famosa axencia informativa. Aínda que a pega é que ata o de agora a aplicación está en inglés ten bastantes características que a fan interesante.
Entre as características que nos podemos atopar están:
  • Ver vídeos en vivo.
  • Recibir notificacións das novas na pantalla principal.
  • Compartir as noticias nas redes sociais.
  • Escoitar a radio de CNN
CNN está dispoñible no Market de forma gratuita para android 2.1 ou superior. Ademais, lembrámosvos que conta cunha versión específica para tablets, como xa vos comentamos nesta outra entrada.

Sobre o autor

Reply