Confirmado: Samsung é o fabricante do novo Nexus Prime

Samsung acaba de confirmar a través dunha das súas contas oficias de Twitter que é o fabricante do novo Nexus, o teléfono de Google, que recibe o nome de Nexus Prime.

Con isto rematan dous dos culebróns máis  relevantes do panorama Android dos últimos meses, na liña de saber quen sería o fabricante escollido por Google para o seu novo Nexus e como se chamaría dito terminal.

O novo Nexus podería ser ben o modelo I9220, ben o I9250. Conforme ás especificacións filtradas nun documento recente, o I9220 tería unha pantalla de 4,3 polgadas SuperAMOLED HD, procesador de 1,4 GHz e cámara de 8 MP, mentres que o I9250 contaría con pantalla de 4,65 polgadas SuperAMOLED HD e cámara de 5 MP.

O que damos por feito é que o novo Nexus Prime contará con Ice Cream Sandwich, a nova versión de Android da que aínda non se sabe que denominación numérica vai ter, se 2.4 ou 4.0. Malia todo, todo parece indicar que seguramente se escolla a segunda, posto que Ice Cream Sandwich leva parella a unificación do sistema operativo para smartphones (2.3.x) e o de tablets (3.x).

Se se siguen a cumplir os rumores que foron saíndo nos últimos meses, o Nexus Prime verá a luz en outubro, mais ou menos como o iPhone 5, un dos seus principais competidores.

Vía

Sobre o autor

Reply