Comproba se un dominio está libre con Android

Domain Whois Check é unha aplicación que nos permite comprobar se un determinado dominio está dispoñible para o caso de que o queiramos rexistrar.
O seu uso é moi sinxelo, basta con introducir a URL do dominio no que poidamos estar interesados para saber se está libre ou, noutro caso, a data de expiración do rexistro.
Dispón de soporte para a comprobación de distinto tipo de extensións tales como: .com, .net, .org, .edu, .info, etc.
Domain Whois Check está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.5 ou superior.

Sobre o autor

Reply