A familia de terminais actualizados a Gingerbread vai medrando co paso das semanas e estes días estalle a tocar ao Samsung Galaxy Ace, que recibe a versión 2.3.3. Como acontece cos terminais de Samsung, a actualización realízase a traves do Kies.Entre as novidades desta versión destaca a sobre todo a mellora no rendemento, que fai que os terminais vaian máis fluídos, alén de conseguir melloras na duración da batería.
Graciñas a David Francisco por avisarnos desta nova.
agora a agardar 6 meses a que o saque movistar.
eu teño o galaxy ace de R, como pode facer para actualizar o android? grazas por adiantado
Tes que conectalo ao Kies (o software de Samsung) e xa che debería amosar a actualización
Pero teño que instalar o kies no PC?
Si, en Windows ou Mac (non hai para Linux polo de agora)
Moitas grazas Iago!! Tedes un novo seguidor dos vosos feeds!!
Por certo, botade unha ollada a esta web de foros galegos que estamos formando:
http://www.foros.gl
Apertas,
Galaicus
Benvido logo! 😉 Non sei se sabes que tamén temos Twitter propio do blogue, @mallandroid
Graciñas por falar de nós, é un gran proxecto e toda difusión é boa 🙂
Lémonos!
sabedes se esta dispoñible pra movistar, porque eu o conecto e so me actualiza a version mais recente do froyo…gracias!!
Anunciar, anunciárao, pero non che podemos confirmar que na práctica funcione porque ninguén de nós ten ese terminal con Movistar
ok!! gracias por contestarme, me tendrei que esperar a que nunha conexion o kies me alegre o dia.
Xa nos contarás 😉