Nova versión do Android Market. Instálaa xa!

O Android Market xa ten preparada unha actualización que podemos disfrutar uns días antes de que estea dispoñíbel de xeito oficial grazas a unha filtración.
Os cambios que inclúe esta nova versión, a 3.1.3, van no camiño de mellorar algúns bugs que facían que a anterior non fose todo o fluída que se debera agardar. Pero ademais inclúense novidades nas categorías, coa mellora da galería das máis vendidas ou máis información sobre a a propia aplicación.
Outra novidade é a inclusión do botón social +1, que Google quere popularizar aínda máis despois do lanzamento da súa rede social.
Ademais, esta revisión do Android Market inclúe a posibilidade de introducir un PIN para protexer as nosas preferencias e evitar que calquera poida mercar aplicacións dende o noso terminal. Neste mesmo sentido, tamén se abre a posibilidade a ter varias contas configuradas, aínda que só poderemos usar as aplicacións coa conta que teñamos mercado.
Podedes descargar o ficheiro executábel (*.apk) dende esta ligazón (segura e propia de Mallando no Android).

Sobre o autor

Reply