GoogleTV: O kit de programación xa está dispoñíbel. E agora que?

GoogleTV é deses produtos que teñen unha pintaza xenial pero que non acaban de callar. A quen non lle gustaría poder ser dono da súa televisión, poder navegar pola Internet dende o sofá, ter o Twitter ou Gtalk aberto á vez que ves o partido do teu equipo favorito para comentalo cos amigos, ver vídeos de YouTube dende o sofá… todo isto e moito máis é posíbel con GoogleTV.
De feito xa leva un tempo no que os aparellos compatíbeis están dispoñíbeis en Estados Unidos, falamos da Sony Internet TV ou dos adaptadores Logitech Revue e Sony Internet TV Blue-ray, aínda que parece que sen moito exito en canto a vendas.
Pola súa banda, Google liberou esta semana a API para poder desarrollar aplicacións específicas para GoogleTV, un complemento que se engade ao SDK de Android, que se ben non inclúe todas as caracterísicas ao completo da GoogleTV si que servirá para traballar e desarrollar.
Nesta ligazón podedes ver a documentación completa para comezar a programar. Será este o paso que faltaba para que comece a triunfar GoogleTV? Vós que pensades?
Toda a información sobre a GoogleTV está aquí

Sobre o autor

Reply