Nespresso, a aplicación para os amantes do café en cápsulas

As máquinas de café en cápsulas son cada vez un artigo máis extendido en oficinas e casas e, dentro delas, seguramente a Nespresso sexa o máximo expoñente. Todo ilo ligado á cantidade de smartphones que hai no mercado fixo que lanzaran unha aplicación específica para Android.
Con ela poderemos estar ao día das últimas novas da marca, como poden ser novos sabores ou novos dispositivos. Pero ademais, permite facer os pedidos directamente dende a aplicación estemos onde estemos. Soa ben, non?
Para certos países, entre os que se inclúen España e Portugal, conta con información sobre a ubicación dos puntos de recollida de cápsulas de café máis próximos para non perdernos nunca.
A aplicación é gratuíta e válida para todos os androides con versións superiores á 1.6. Podedes descargala dende o Android Market, aínda que para poder usala completamente precisades ter unha conta de Nespresso.
Graciñas a @sapoconchoGZ por informarnos da existencia desta aplicación.

Sobre o autor

Reply