Sony Ericsson Xperia Arc S, presentado na IFA #ifa2011

O IFA 2011 tamén foi hoxe escenario da presentación oficial dun novo terminal de Sony Ericsson, o Xperia Arc S, a súa aposta polos 1,4 GHz que fan que vaia un 25% máis rápido que o seu predecesor, o Xperia Arc.
O novo terminal deste fabricante conta cunha cámara e 8,1 megapíxeles, con capacidade de 3D e 2D con barrido panorámico. A súa pantalla é de 4,2 polgadas.
Outras características que destacamos son:
  • Tamaño e peso: 125 x 63 x8,7 mm e 117 gramos.
  • Procesador de 1,4 GHz fabricado por Qualcomm.
  • Sistema operativo: Android 2.3.4 (Gingerbread).
  • Memoria interna de 320 MB e tarxeta microSD de 8 GB (ampliábel até 32 GB).
  • Batería de 1600 mAh.
Como adoita ser habitual, polo de agora aínda é cedo para falar de prezos e dispoñibilidades, do que vos informaremos en cando teñamos a información.

Sobre o autor

Reply