Euroball 2011. Todo o que precisas saber do Eurobasket no teu Android

Se vos gusta o baloncesto de seguro que estades a seguir con atención o Eurobasket. Así que hoxe queremos falarvos dunha aplicación gratuíta para poder seguir toda a actualidade do campionato dende o voso androide.
Trátase de Eurobasket 2011 e, entre outras funcionalidades, permite seguir non só os resultados senón tamén os partidos en vivo. Para ilo emprega o sistema coñecido como play by play, que resalta o marcador e as faltas de cada un dos equipos, rebotes, faltas, tempos mortos… durante o cuarto en xogo.
A aplicación complétase cun horario de partidos, a táboa de clasificacións e o calendario da competición para non perderse nada.
Polo de agora só se atopa dispoñíbel en inglés, aínda que o autor pide colaboración para as traducións. Podedes descargala do Android Market e é compatíbel con calquera versión de Android.
Graciñas a Carlos Rivera por informarnos desta aplicación

Sobre o autor

One Response

  1. Anonymous 2 Setembro, 2011 Responder

Reply