2Cloud, envía ligazóns do navegador do móbil a Chrome

Xa hai moito tempo faláramos de Chrome to Phone, unha extensión que nos permite enviar o que estamos a ler no noso navegador Chrome ao noso smartphone ou tablet Android con tan só tocar un botón.
Agora tamén poderemos facer o mesmo ao revés grazas a 2cloud, unha aplicación que se completa cunha extensión de Chrome coa que podemos enviar o que estamos a ler no móbil ao noso navegador Chrome de escritorio. Iso si, debemos telo aberto.
O xeito de compartir é tan sinxelo como despregar o menú de compartir e seleccionar Android2Cloud.
Podemos descargar a aplicación dende o Android Market para todas as versións de Android e, así mesmo, o complemento para Chrome dende a Chrome Web Store.

Sobre o autor

Reply