Ice Cream Sandwich para toda a gama Xperia do 2011

Non hai moito anunciabamos a actualización a Gingerbread da familia Xperia de Sony Ericsson lanzada este ano. Pois aquelas persoas que dispoñan dun detes terminais están de noraboa, porque o fabricane vén de anunciar que toda a gama se actualizará a Ice Cream Sandwich pouco despois de que saia á luz, que como anunciamos onte será en outubro/novembro.
Os terminais afectados son os que seguen:
  • Xperia Arc
  • Xperia Arc S
  • Xperia Mini
  • Xperia Mini Pro
  • Xperia Neo
  • Xperia Neo V
  • Xperia Play
  • Xperia Pro
  • Xperia Ray
Actualización: Esta información, sacada dunha fonte – até o de agora – fiábel, vén de ser desmentida por Sony Ericsson nun comunicado no que afirman que “farán o posíbel por adaptar a nova versión de Android aos seus dispositivos”. 

Dende Mallando no Android desculpámonos por este malentendido

Sobre o autor

Reply