LG Optimus Note, un terminal con teclado qwerty?

Dende Corea do Sur chega unha imaxe do que dan en chamar LG Optimus Note, un terminal que viría a ser un novo lanzamento de LG nese país e con moitas posibilidades de aparecer noutros mercados.
Trátase dun dispositivo con pantalla NOVA de 4 polgadas. As pantallas NOVA empregan unha tecnoloxía propia de LG que otorga moi boa visibilidade en ambientes moi luminosos. Ademais diso contaría cun procesador dual core Tegra 2 a 1,2 GHz, 8 GB de memoria interna e dobre cámara, a principal de 5 MP.
Mais se cadra o aspecto máis reseñábel deste dispositivo é que conta con teclado qwerty desplazante, o que sen dúbida moitas e moitos agradecerán á hora de escribir. Iso si, esta característica fai que o seu grosor vaia até os 12,3 mm.
Que vos parece? Preferides os teclados físicos ou en pantalla?

Sobre o autor

Reply