Jelly Bean, a versión de Android posterior a Ice Cream Sandwich

Seguramente collimos a moita xente durmindo cando anunciamos onte a través de Twitter (1 e 2) o nome da versión de Android que virá a sustituír a Ice Cream Sandwich (si, esa versión que está ao caer).
Era moi obvio que o nome da mesma tería que ver con algún doce e seguiría a orde alfabética, como xa é costume: Donut (1.6), Eclair (2.1), Froyo (2.2), Gingerbread (2.3), Honeycomb (3.X), Ice Cream Sandwich (4.x?)… e agora Jelly Bean (aínda queda unha última confirmación, pero é case 100% seguro). A filtración do mesmo fíxoa This is My Next, un espazo que xa nos ten acostumados a adiantar con acerto os nomes das versións de Android por vir.
Aventurádesvos a dicir cal será a seguinte máis? Darémosvos unha pista, comezará por K
Vía

Sobre o autor

Reply