Parrot AR.Drone: É o momento de pilotalo con Android

Pode que para algúns de vós falar do Parrot AR.Drone non vos diga nada, pero tranquilos, ímosvos dar unha breve descrición: Trátase dun cuadricóptero (si, unha especie de helicóptero con catro hélices) de xoguete que voa e pode ser usado tanto en interiores como en exteriores cuns pequenos cambios. O “xoguetiño” custa arredor dos 300 € e pódese atopar nalgunha tenda de electrodomésticos como Media Markt. Pero xa vos ten pinta, ou non?
Aqueles afortunados en posuír un destes cuadricópteros e teñan tamén un smartphone e/ou tablet Android están de sorte, porque xa está dispoñíbel a aplicación que permite manexalo (até o de agora só estaba para iOS).
O aparello xera a súa propia rede WiFi que se conecta ao teléfono, permitindo usalo nun radio de 50 metros, algo que non está nada mal. Ademais vai equipado con dúas cámaras que transmiten imaxes ao noso smartphone para que vexamos o que ve o cuadricóptero como se fóramos nel.

Podedes descargar a aplicación para todas as versións de Android superiores á 2.2 dende o Android Market

Sobre o autor

Reply