Vídeo do posible uso cotián de Google Wallet

Moito se leva falando de que os móbiles serán o método de pago do futuro e a inclusión da tecnoloxía NFC nalgúns dos novos terminais que están a saír ao mercado indican que esas son as intencións.
A aposta de Google polo pago electrónico chámase Google Wallet pero o certo é que só está dispoñible nalgunhas cidades de Estados Unidos e os demáis aínda temos que agardar un pouquiño máis.
No seguinte vídeo no que podemos ver, máis que o concepto, o uso real que se lle poderá dar a este tipo de pagos.
Será este o sistema de pago definitivo? Está claro que moito camiño queda aínda por percorrer xa que nin sequera o pago mediante cartón é capaz de desprazar ao pago en moeda física en todo os ámbitos e, neste caso, a miña opinión é que este tipo de pagos con móbil ven a substituír ao pago con cartón máis que ao pago en moeda.

Sobre o autor

Reply