Toda a información sobre redes na túa man con Network Info II

Se queredes sabelo todo sobre as redes ás que vos conectades, pode que Network Info II sexa a vosa aplicación, sendo ademais unha opción gratuíta.
Fai distinción entre os diferentes tipos de conexión (rede móbil, WiFi, Bluetooth, IPv6…), provéndonos de información que pode ser do noso interese.
  • En relación á rede móbil ofrécenos a nosa IP de conexión, o hostname, o tipo de cobertura e intensidade da mesma, o operador, país no que estamos…
  • No que ten a ver coa conexión WiFi, Network Info II achega información sobre a MAC, o SSID e BSSID, a velocidade da conexión, Gateway, servidores DNS e algunha que outra cousa.
  • Os dato sobre as conexións Bluetooth son moito máis lixeiros: só teremos información sobre as conexións actuais e un histórico de enlaces pasados.

Podedes baixar esta aplicación dende o Android Market todos os androides con versións 2.1 e superior.

Sobre o autor

Reply