AccuWeather, unha completa aplicación do tempo con versións smartphone/tablet

Unhas veces confiamos nela, outras pasamos olímpicamente… sexa como fór, o certo é que no fondo interésanos saber que tempo vai fóra e o que nos depara para os vindeiros días.
Hoxe presentámosvos unha aplicación das típicas, AccuWeather, que conta con gran aceptación entre o público que a proba. E non é para menos, porque dispón de moita e variada información: previsións de varios días, alertas do tempo, estado (xeo, choiva, vento, treboadas….), temperaturas máximas e mínimas, hora de amencer e do solpor… vamos, todo o que podemos imaxinar (relacionado co tempo, obviamente).
Está dispoñíbel en moitos idiomas e ademais conta con algunha ferramenta extra, como poder ver as previsións sobre un Google Map, a posibilidade de compartilas ou ter un aviso na barra de notificación.
Versión smartphone
Existen dúas versións, unha de smartphones, dispoñíbel gratuitamente no Android Market para todas as versións de Android, e outra para tablets.
Versión tablet (Honeycomb)
Se temos unha tablet con Android Honeycomb o mellor é que isntalemos a versión específica, tamén dispoñíbel gratuitamente no Android Market.
Como é de agardar, con ela a información mellora moito a súa visibilidade, polo tamaño de pantalla.
Usades esta aplicación? Que opinión tedes dela?

Sobre o autor

Reply