PicSay, retoca as fotos que sacas co teu Android

Cada vez nos gusta máis sacar fotos cos nosos smartphones e compartilas coas nosas amizades a través das redes sociais. Por iso nunca está de máis contar con aplicacións que nos permiten melloralas con filtros, dándolle aspecto antigo, branco e negro étc, como moitas das que vos temos comentado.
PicSay é algo diferente, xa que no canto de ofrecernos filtros predeseñados permítenos ser nós que elixamos que facerlle á foto, entre o que destaca a corrección de cor, brillo, contraste, saturación entre outros. Ademais, tamén inclúe a posibilidade de meter globos con textos, e outros debuxiños.
Trátase dunha aplicación que podemos atopar no Android Market en dúas versións, unha gratuíta e outra de pagamento (2,99 €), que inclúe un maior número de efectos e é, con diferenza, moito máis recomendábel.

Sobre o autor

Reply