Tango, chamadas/vídeochamadas de balde en Android

Viber, Skype… se queremos chamar de balde co noso Android temos moitas alternativas. E hoxe queremos falarvos doutra nova, Tango, coa que poderemos facer chamadas e vídeochamadas con boa calidade con outros usuarios da aplicación (Dispoñíbel tamén para iOS e en breve tamén para PC).
As chamadas poden facerse empregando as redes 3G, 4G (que como comentamos en A Malla das Telecos xa comeza a estar en probas) e tamén a WiFi e en canto á búsqueda de contactos non temos que facer nada, porque a propia aplicación encárgase de buscalos na nosa axenda.
Tango é gratuíta e está dispoñíbel no Android Market para todos os dispositivos con Android 2.1 ou superior.

Sobre o autor

Reply