Mi nube, a web social das viaxes, agora no teu Android

Es a clásica persoa que busca información e referencias doutros usuarios antes de viaxar? Pois se aínda non coñeces Mi Nube é hora de que te pases pola súa web para botarlle un vistazo. Nela atópanse unha chea de opinións de viaxeiros, recomendando os seus “lugares segredos”, rincóns con encanto, blogues de viaxes, fotos… 
A web social de Mi Nube conta xa con preto de 24.000 cidades repartidas en máis de 200 países, e agora toda esa información tamén está dispoñíbel nos nosos androides a través da súa aplicación oficial.
Iso facilitaranos moito as cousas á hora de viaxar, porque non sempre anotamos todo o que hai que ver nun lugar e así poderemos buscar a información no momento que a precisemos: lugares para xantar ou durmir, cousas que ver… e todo cun detalle moi interesante: o uso da xeolocalización para que nos diga que hai preto de onde nos atopamos.
Como boa ferramenta social permítenos engadir as nosas experiencias e mesmo fotos, que ademais farán que gañemos Galardóns (vamos, ao máis estilo badge do Foursquare).
Podedes baixarvos a aplicación desde o Android Market: é de balde e funciona en calquera Android 1.5 ou superior

Sobre o autor

Reply