LG Optimus Q2, un Android con teclado qwerty polo de agora só para Corea

Un novo androide con teclado físico verá a luz esta semana en Corea: o Optimus Q2 de LG. Trátase dun terminal que conta cun procesador de 1,2 GHz Tegra 2 e pantalla táctil de 4 polgadas, baseada en LCD con 700 nits de brillo. 
Ademais dispón de cámara de 5 megapíxeles na parte traseira e VGA na dianteira, aínda que sen lugar a dúbidas o seu punto forte é o de contar cun teclado físico completo (qwerty), aspecto moi demendado por un sector dos usuarios de smartphones.
Como avanzamos ao comezo desta entrada, polo de agora só se sabe que sae á venda en Corea esta semana e nada sobre unha posíbel expansión a outros lugares, nomeadamente Europa.
Que vos parece a vós, gustaríavos telo por aquí?

Sobre o autor

2 Comments

  1. Anonymous 7 Outubro, 2011 Responder
  2. iago varela 7 Outubro, 2011 Responder

Reply