Kindle Fire, a tablet de Amazon chega apostando polo low cost

Por fin poñemos “cara” á tablet de Amazon, a Kindle Fire, un dispositivo Android de 7 pulgadas que se ten un punto ao seu favor é o prezo: 199 $, ou o que é o mesmo, tan só 146 €.

Pero non van ser cousas boas porque isto ten truco. E é que a Kindle Fire non dispón de certos aspectos aos que estamos acostumados, como os procesadores de dobre núcleo, nin tampouco versión con conectividade 3G. Tampouco conta con Honeycomb, a versión de Android optimizada para tablets.
Basicamente Amazon colleu o código de Android 2.3 e o modificou ao seu antollo facendo un sistema operativo totalmente personalizado para o seu hardware, polo que malia non ser a última versión de Android, o traballo de enxeñaría que hai debaixo pode facer dela un dispositivo realmente interesante e que pouco teña que envexar aos modelos máis potentes de tablets que estamos a ver no mercado.
Tampouco contará con acceso ao Android Market, que será sustituído pola Amazon App Store, a tenda de aplicacións Android propia de Amazon e na que se atopa un número máis reducido de aplicacións, aínda que iso si, todas revisadas por Amazon para evitar virus e cousas así. E, claro está, sempre podemos obtar polos markets alternativos.
Polo demais conta cun procesador de 1 GHz, dobre cámara (de 5 e 1,3 MP) e estará dispoñíbel polo de agora tan só nos EEUU, aínda que poderemos mercala dende España pagando os custes de envío.
Se vos quedades con ganas de saber máis, non vos perdades o anuncio:
Cres que esta tablet é para ti? Cóntanolo nos comentarios ou a través do noso Twitter

Sobre o autor

Reply