O Nexus Prime sairá á luz o vindeiro 11 de outubro

Segundo rumor do día con gran credibilidade: o Nexus Prime verá a luz o 11 de outubro. 
E iso sabémolo porque Samsung está enviando convites para un Unpacked especial con Google, que terá lugar en San Diego o 11 de outubro ás 11.30h (20.30 nas nosas lonxitudes).
E que outro evento especial con Google pode ter Samsung? Pois obviamente o Nexus Prime, que será o primeiro terminal en ter Ice Cream Sandwich.
Xa vos estades a morder as unllas?

Sobre o autor

Reply