Toda a información sobre McDonald’s no teu Android

A cadea de restaurantes de comida rápida McDonald’s conta tamén coa súa aplicación Android, na que inclúen diferentes funcionalidades para os seus usuarios facendo uso da tecnoloxía coñecida como realidade aumentada, que recolle a información que o teléfono capta coa cámara para orientarse e indicar a dirección no que atopar o restaurante.
Entre as funcionalidades que ofrece, ademais da xa citada de buscar os establecementos máis próximos (ben con realidade aumentada, ben mirando nun mapa ou nunha listaxe ordenada por distancia), está a de coñecer as características do mesmo (se ten WiFi, aparcadoiro, servizo McAuto ou se está aberto as 24 horas).
Podemos atopar esta aplicación no Android Market, dispoñíbel para todos os usuarios 2.2 e superior.

Sobre o autor

Reply