Galaxy Tab 7 Plus, a evolución da primeira tablet de Samsung

Hai aproximadamente un ano narramos dende SIMO Network a presentación da Galaxy Tab de 7 polgadas, a primeira tablet do panorama Android. Dende aquela moitas cousas cambiaron e agora temos unha gama do máis completa e un sistema operativo evolucionado e pensado para as tablets.
Con estas novas premisas e a evolución tecnolóxica obvia, Samsung vén de presentar a evolución desta tablet con Honeycomb, que só conserva da orixinal o tamaño de pantalla: 7 polgadas.
Do resto de características destacamos as que seguen:
  • Tamaño e peso: 193 x 122 x 10 mm e 345 gramos.
  • Procesador: dobre núcleo a 1,2 GHz.
  • 1 GB de memoria RAM e memoria interna de 16 ou 32 GB (hai 2 versións).
  • Dobre cámara, de 3 e 2 MP.
  • Batería de 4000 mAh.
  • Versión WiFi+3G (máis adiante haberá versión WiFi).
  • Sistema operativo: Honeycom (3.2)
Polo demais, aínda é cedo para saber da súa dispoñibilidade ou prezo, aínda que tendo en conta outros aparellos semellantes podemos intuír que rondará os 450 €.
Con este novo dispositivo confírmase o entusiasmo de Samsung por aportar ferramentas adaptadas a cada necesidade en canto a tamaños e características, algo que dende o pundo de vista do consumidor agradécese moito.

Sobre o autor

Reply