Hotmail conta xa con aplicación oficial para Android

Se no correo aínda sodes do lado escuro e traballades cunha conta de Hotmail estades de noraboa. E é que Microsoft sorprendeu onte lanzando a aplicación oficial para o seu servizo de correo electrónico, algo que o seus usuarios reclamaban abertamente dende había tempo.
E a unha de lanzar aplicación fanno cunha versión que inclúe algunha das novidades que Google introduciu na oficial de Gmail recentemente, como a posibilidade de recibir correos dende varias contas, así como tamén a sincronización total de contactos e calendario.
Ademais tamén sincroniza os cartafoles e subcartafoles definidos polo usuario e permite a recepción e envío de arquivos axuntos de xeito sinxelo.
Pódese descargar de xeito totalmente gratuíto desde o Android Market, aínda que iso si, só para versións de Android superiores á 2.1

Sobre o autor

Reply