Teaser do evento da presentación do Nexus Prime e Ice Cream Sandwich. Something big is coming

Tras o – para moitos – decepcionante evento de Apple de onte, no que se prevía a presentación “dalgo novidoso” que resultou non selo tanto, todas as miradas están postas no vindeiro martes 11. Como xa temos adiantado no noso blogue, ese día Google e Samsung presentarán algo grande. E aínda que non se fala de nomes na documentación oficial, no panorama Android intuímos que se trata do Nexus Prime e Ice Cream Sandwich.
Para abrir boca, Samsung preparou un teaser no que nos amosa unha combinación gañadora: Google e Samsung. Se ben non amosa moito, podemos ver uns segundos un terminal moi fino e cun perfil curvado.

Sobre o autor

Reply